Feb 17 2009

ridiculismo ou barbarie

Published by under cousas da lingua

Viña escoitando no coche unha entrevista na radio galega. Un xornalista deportivo falaba cun xogador do Deportivo, o Zé Castro penso que era. O da radio falaba nun galego totalmente acastelanizado: léxico, sintaxe, prosodia. O xogador nun castelán que apreixaba malamente o portugués. Onte deiteime cunha curiosa nova do Chuza a engalar arredor da cabeza: a Ciberirmandade enceta campaña para que non poñan voz en off aos portugueses na TVG. Un outro ataque do españolismo para nos afastar dos irmáns portugueses? Quizais non queren unha Galiza consciente da súa identidade porque logo querería ser dona de si?

A verdade, despois de ollar isto, comezo a pensar que quizais esteamos equivocados, non é que vivamos arrodeados de feixistas; habelos hainos, pero non, a maioría deles son unha morea informe de frikismo, incultura, complexos e sobredose de exposición ao televisor. Só hai un camiño: ridiculismo ou barbarie.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/cRO2SoX8jVA" width="425" height="350" wmode="transparent" /]


Comentarios desactivados en ridiculismo ou barbarie