Mar 22 2009

Olladas atlánticas

Published by under cousas de meu

Por unha carambola, na que tivo moito a ver o Sr. Ares de proxectoestrume, entrei en contacto coa editorial española Luarna Ediciones que me deu a oportunidade de publicar un feixiño de relatos, Olladas atlánticas. Cómpre sinalar que Luarna é unha editorial dixital que publica e-books pensados para os novos soportes dixitais, nomeadamente os e-readers de tinta electrónica.

A verdade é que me prestou ben publicar despois de 7 anos, de novo en formato dixital, o que semellar ser o único camiño para alguén tan cargado de nugalla e orgullo coma min…

Comentarios desactivados en Olladas atlánticas