Abr 03 2009

Haicú? Ha de haber, ho!

Published by under cousas de meu

Distorsión punk sobre cántigas enxébricas

 

cántiga one

Non me fodas no Camiño…

que os albergues están cheos de cascudas.

 

cántiga dois

Bailaches Carolina?

Bailei si señor

Dime o que bailaches

Bailei ska-harcore

 

cántiga trois

Xuntáronse catro un día…

e a policía disolveunos.

 

cántiga lau

Traio fariña e bo jacho,

Traio fariña e bo jacho,

tamén alghún coghomelo.

 

cántiga cinque

Para vir a xunta min,

Para vir a xunta min,

Vai saltar a valla,

vai saltar a valla,

vai saltar a valla, ghalopín.

 

cántiga seis

Ondiñas veñen, ondiñas veñen,

Ondiñas veñen e van,

se elas fosen inmighrantes

non as deixarían pasar.

 

cántiga sieben

Eu queríame casare,

pero aghora xa non me dá a gana.

Non cases, miña filla, non cases,

non sexas unha pailana.

 

cántiga ocht

O home ten,

o home ten un pauciño co que bate na muller

e a muller…sofre.

cántiga nouă

Este pandeiro que toco

é de pelica de obreiro,

eu son o empresario

amigho do conselleiro.

cántiga deu

Este pandeiro que toco

é de pelica de patrón

era un fillo de puta

e que ben soa o cabrón.

 

 

cántiga elva

Este pandeiro que soa

fíxeno dun asasino

é do pelello dun nazi

que mataba palestinos.

 

 

cántiga dwanaście

Adiós ríos, adiós fontes

adios regatos pequenos

agora sodes de Iberdrola,

xa non sodes dos galegos.

 

cántiga dekatrís

Que din os rumorosos?

Que a ver se lle botan piche ao camiño da súa casa

dun carallo dunha ves.

3 responses so far