Nov 14 2008

O (novo) campión do Hío

Published by under cousas de meu

Ei! Estades a mirar na teuvegá un rapazolo do Hío que está a facer historia no Cifras e Letras??  Leva 23!! programas gañados, -ben realmente moitos máis, que se van ir emitindo…-, e xa é o récord do programa do Mira, a Castaño e mais o Lodeiro. Incrible o seu dominio das cifras, con números exactos aparentemente imposibles e prodixioso a capacidade de tirar palabras que ninguén dá atopado a non ser el. Un monstro…e, como non podía ser doutro xeito, malia ser veciño do Hío e orixinario de Vigo, é Lavesedo polos catro costados, -olládelle o cranio braquicéfalo que lle deixaron en herdo os seus devanceiros-. O máis novo dos Lavesedos que decidiron chegar dende o Eo-Navia até as Rías Baixas está a facer historia no programiña e de paso enchendo ben os bolsos de cuartos, que dirían por alló. Xa pagará unhas rondas…

4 responses so far