feb 28 2010
feb 08 2010
ondas do mar de vigo…
Vimos de saber da paralización do derrubo da nave de cableiros, -para construír a sr. Porro unha fonte cibernética-, ordenada polo alcalde de Vigo. Seica a obra non ten licenza municipal. O perenne sorriso da ex-alcaldesa marchou por un segundo da súa face. Falemos, dixo. Mais lembrou que ao seu entender a obra non precisa licenza municipal pois son traballos "vinculados a la propia actividad del puerto". Ben.
Non se me ocorre dubidar de que indubidabelmente unha fonte cibernética está moi vinculada á actividade do porto de Vigo, nin tampouco dei en cuestionar cómo é, que con máis de 30 000 parados na cidade, os seus representantes pelexan por fontes. Cousa deles e cousa nosa que os votamos. A que si resulta curiosa é a comparanza entre o que acontece a unha e outra banda da ría cando o Porto de Vigo se enfronta cun concello. A alcaldesa de Cangas dixo, unha e outra vez, nos medios que o concello non podía deter as obras en Massó. Acusou o grupo municipal de ACE de pedir algo "imposíbel", a paralización, e de atacala deliberadamente no canto de se dirixir á verdadeira culpábel, a sra. Porro. Fantaseou, como o voceiro municipal sr. Álvarez, sobre escuros acordos ACE-PP, (esquecendo que a última vez que se atoparon os seus líderes fóra dun pleno foi nos xulgados), e pola vila a maquinaria bloqueira tentou espallar a idea de que Abalo metera abordo a todo o mundo. E agora resulta que... na outra banda da ría, un concello si paraliza unha obra e que a presidenta do porto si que quer falar cun concelleiro de urbanismo para chegar a un acordo. E iso que o de Massó non está vinculado á actividade propia do Porto e a fonte, disque, si. Reparade na gravidade do asunto: o Porto en Vigo pide entrevistarse co concelleiro de urbanismo, porque o alcalde manda paralizar; en Cangas, o concelleiro de urbanismo ten que meterse diante das máquinas e da Garda Civil, porque a alcaldesa non manda paralizar. En Vigo os concelleiros din que "No se puede hacer caso omiso de una resolución de la autoridad, en este caso de la Administración local"; en Cangas, son arrestadas pola Garda Civil porque a máxima responsábel da Administración local se enrocou nun envurullo de sinais e indecisións. E isto, entendo, só ten dúas explicacións, ou ben a alcaldesa non se entera, o que é grave, ou ben non se quere enterar, o que aínda sería peor. Afortunadamente, a paralización de Vigo, -polo motivo que for-, pode ter efectos colaterais moi curiosos...en Massó tampouco se vai mover unha pedra. Ou Marina Atlántica vai tentar retomar o traballo cos camiños pechados e os entullos da nave de cableiros de fondo?
xan 31 2010
O Faro no Morrazo
Nacín en Vigo. Para ben ou para mal, levo 30 anos, 30 xa!, lendo o Faro. Dende que era un cativiño. Nunca época en que internet era unha ilusión e chegar á miña aldea levaba 7 horas, eu percibía como algo excepcional que todas as novas do mundo chegasen até Chapela, -as instalacións que visitara abraiado nunha viaxe escolar-, e saísen publicadas naquelas follas xigantescas, que arrecendían diferente ca os libros e falaban tamén de cousas distintas. Pero o tempo pasa.
Agora, até escribo de cando en vez no xornal que lles dá nome aos xornais no sur do país. Xa non me abraia que a información voe dunha banda a outra do mundo en segundos, pero segue a haber cousas que me deixan pampo. Noutronte, venres 29, rachou o pacto de goberno de Cangas. ACE, a coalición de esquerdas coa que me presentei as eleccións, deixa as súas concellarías polo reitarado incumprimento do pacto e os continuos desplantes e inxerencias dos seus socios de goberno. Non quero entrar en se fixo ben ou non. Se ten parte da culpa do problema ou a ten toda. Entendo que a responsabilidade é de outros, persoalmente, pero non é aí onde quero chegar. O que me deixou parvo foi o tratamento outorgado á información pola delegación no Morrazo do xornal, dirixida pola señora Cristina G. eficazmente secundada polo seu home, o señor J.Calvo.
Corto e colo extractos da información facilitada no xornal. Non son artigos de opinión, como podedes comprobar nas ligazóns, son noticias. Tendeciosamente redactadas, pero noticias. E lamentabelmente, isto semella que só vai ser o comezo.
Das novas que tratan a ruptura do pacto, déixovos entrecomiñados algunhas das frases que os redactores da noticia intercalan: "Xosé Manuel Pazos, ya ex edil de Cultura, que se doctoró ayer en arte dramático"; "Fue este público, a modo de coro griego, el que gritó a la conclusión: "¡Clara dimisión, Clara dimisión…!"; "No obstante, y para que no faltara ese gusto que tienen algunos directores por dejar abierto el guión, Pazos dijo que"; "Evidentemente, Pazos tenía lo que buscaba: aplausos al final de su comunicado, que coincidía, por cierto, una semana después de que se sumara con entusiasmo a la reinauguración de la Casa de Cultura de Cangas"; "el líder de ACE, Mariano Abalo, que después se quedó como apuntador detrás de Pazos"; "El tripartito de Cangas era una matrimonio de conveniencia. El BNG y ACE se habían enfrentado duramente ya en la noche de pegada de carteles electorales. Pero sólo con sus tres concejales era posible sacar de la Alcaldía al popular José Enrique Sotelo". E podería seguir. Nin unha mínima referencia ao pacto de goberno nin á posición da confraría nin a que nunha vila de 25 000 habitantes, saíron á rúa 7 000 persoas a protestar contra o pelotazo de Massó.
E a cousa non queda aí. Noutra nova do xornal, referente ao plan E, déixannos esta pérola, falando da non asistencia de ACE a unha reunión: "por eso también no le preocupó demasiado al concejal de Cultura, Xosé Manuel Pazos, que no hubiera este año Festival de Comparsas." E como remate da nova, despois de debullar os investimentos do plan E na vila .... (redobre de tambor) "El Plan E tuvo también mucho que ver en los plazos de rotura del tripartito. ACE, sobre todo, su concejal de Cultura, Xosé Manuel Pazos, esperó a que las obras en la que él tenia protagonismo fueran inauguradas. Ahora no tenía ninguna."
http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2010/01/30/ruptura-cansina-anunciada/407358.html
Desgrazadamente, teremos que seguir informando.




