Nov 14 2008

O (novo) campión do Hío

Published by at 22:04 under cousas de meu

Ei! Estades a mirar na teuvegá un rapazolo do Hío que está a facer historia no Cifras e Letras??  Leva 23!! programas gañados, -ben realmente moitos máis, que se van ir emitindo…-, e xa é o récord do programa do Mira, a Castaño e mais o Lodeiro. Incrible o seu dominio das cifras, con números exactos aparentemente imposibles e prodixioso a capacidade de tirar palabras que ninguén dá atopado a non ser el. Un monstro…e, como non podía ser doutro xeito, malia ser veciño do Hío e orixinario de Vigo, é Lavesedo polos catro costados, -olládelle o cranio braquicéfalo que lle deixaron en herdo os seus devanceiros-. O máis novo dos Lavesedos que decidiron chegar dende o Eo-Navia até as Rías Baixas está a facer historia no programiña e de paso enchendo ben os bolsos de cuartos, que dirían por alló. Xa pagará unhas rondas…

4 responses so far

4 ResponsesO (novo) campión do Hío to “”

  1. Albaon 18 Nov 2008 at 22:16

    Morraço paghuer!!!

    Ese programa, en fin, eu chamei ao principio e pasaron de min, que raro, hehe.. E iso que coñezo ao sr. Mira do xadrez de vista.

    Un bico enorme.

  2. Kikoon 20 Nov 2008 at 13:50

    Forza Fer!!

    Alédome moito polo teu irmán!

  3. lavesedoon 26 Nov 2008 at 00:11

    Unha máquina o Lavesedo pequeno, leva 84!!! programas aghora mesmo…ou o que é o mesmo case un millón e medio de pesos. Pra flipar, nen*s!!!

  4. […] públicos. Por moi parvada que pareza, a única que lles enviaba saúdos, dende o Luar ou dende o Cifras e Letras. A única que lles puña películas resesas e  lles daba o parte que ouguían.  Tamén a que lles […]