Nov 06 2008

E que che pensarán eles? ou Onde vai o carallo do ele?

Published by at 23:27 under cousas da lingua,Cousas da vida

Pois iso. Que estarán a pensar! O presidente dos USA, un neghro. Róncalle o carallo! A ver que fan eles agora, si, si, eles, eses aos que se lles enchía a boca a falar do bo que era ir a canda os ianquis, que che son os xefes do mundo! Si, eses que na súa mistura de racismo, relixión e séculos de servidume, se pensaban máis parecidos a George Bush ca a calquera hippie da súa aldea-vila-cidade. Convíñalles pensalo, por riba. Era o doado e non che era mal amo, ademais. Pero agora…un neghro! -Un moreno, dirían eles-, un carallo dun neghro de presidente!!
Só lles queda unha saída. Eles, os defensores da globalización, os de “o nacionalismo tenche cura de viaxares un pouco”, terán que volver as “liortas rexionais”, a súa denuncia da barbarie nacionalista que pretende dar aulas…EN GALEGO!!, nada menos. Si, deben concentrar as súas forzas nese inimigo que teñen na casa. Imaxinade, de non reaxir axiña, as escenas. O cativiño a cear con seus pais no triplex-ático-loft-convistasalaría duns amigos e retrucándolle á criada: “no, no, no me botes más, ho!. Que ya no doy comido lo que tengo en el plato”. Avemaríapurísima! Ou a nena, apuntada a aulas de requinta na aCF de Compostela e pasándose de Dereito a…filoloxía portuguesa!!! Si, si. Eles saben que toda esa anarquía social está aí, xa, medrando vizosa baixo o paraugas verbeneiro do barbudo alaricano.
E mentres dixiren o exitasso!! da súa derradeira concentração na Coruña, dende El Pellizco a María Gallina disque foron, e cavilan en como sobrelevar a traxedia obámica, nun McDonalds calquera dunha Grande Superficie calquera, acabarán por levar ao bico a latiña de Coca-Cola, -ohh! isto non o fixeron os negros pensarán!-, e recibirán entón un gholpe seco no coraçom cando ollen, de esguello, isto…

Comentarios desactivados en E que che pensarán eles? ou Onde vai o carallo do ele?

Comments are closed at this time.