Nov 19 2009

o país dos ananos (revisited)

Published by at 23:06 under Cousas da vida

Nos últimos 4 ou 5 días levo mirado varias situacións que me trouxeron de volta unha discusión mantida por Carmen B., Xurxo M. e eu mesmo nunhas afastadas aulas de Marcosende. Somos o país dos ananos, vivimos como ananos, -xa nolo recorda seguido Gadis, maloserá!-, e somos basicamente os responsables, Nós, dos feitos que acontecen nesta, A Nosa, terra. Quen mantiña esta tese era Carmen B. e quen máis a combatía era o Xurxo, aínda que eu tampouco concordaba en absoluto coa visión da arroutada comunista. Pero…

Despois de comprobar con asombro como unha das mentes máis capacitadas da nova esquerda galega coincidía no seu concepto de revolución social coa multinacional Ikea, -e que vivan as L7-, despois de ollar como o enésimo proxecto de reconstruçom nacional anda a mandar enquisas que dan a risa, despois de presenciar espaventado como unha catedrática de filoloxía non é quen de  comprender o concepto de ficción e separalo do de realidade, despois de todas as cousas que me lembran a cada paso a mestura de ruíndade e sometemento en que vivimos,  a loita de egos dos que falan da loita de clases, a miseria intelectual dos que defenden o galego atacando o portugués, os mamóns acomodaticios que chuchan do teto e narcotizan a grei a base de empanada, viño, -fariña na juventú- e puticlubs, despois de todo isto non me queda outra que lle dar a razón a Carmen B.

Para que carallo iremos á universidade se aló sempre damos en pensar…co ben que se está na discotasca!!

enano-perreando-499x666

2 responses so far

2 Responseso país dos ananos (revisited) to “”

  1. Xurxo M.on 01 Dec 2009 at 18:30

    Me cago en tal, non me lembraba eu desa! Carallo, eu daquelas tiña unhas arroutadas marxistas-leninistas que nin diola! Podería citar a Lenin tantas veces que escribiría de novo o Que facer? Malia todo e malia a frustrante experiencia partidaria (cando todo ía relativamente ben) algo de pouso teño de todo aquilo. Será tamén que compartimos moitas paroladas ti e eu, como aquela en Coiro onde bebemos cervexa artesanal e cantamos algo chispados non sei cales cancións.

    e o mundiño a rodar!!

  2. lavesedoon 03 Dec 2009 at 00:23

    pois é